ANALIZAMOS A MÚSICA...


... e elaboramos un musicograma. 

Ola, chicos e chicas de 4º de Primaria! Que tal estades? Espero que moi ben.

Tamén espero que, aínda que non contestases (salvo Adrián), teñades pensado sobre a audición que vos propuxen a semana pasada.

Tal e como contestou Adri, na música identifícanse os seguintes fenómenos meteorolóxicos: canto dos paxaros - murmurio dunha fonte - treboada - canto dos paxaros.

Todo isto permítenos crear unha historia. Eu penseina así:

Fai un día estupendo, e decidimos ir cos amigos e amigas ó campo. 

Quedamos engaiolados escoitando o canto dos paxaros

Continuamos paseando, e chegamos á beira dun arroio (ou dunha fonte) onde podemos beber e refrescar as mans. 

Volta

Volvemos pasear, pero... de súpeto temos que nos agachar. Unha tormenta tremenda ven de estalar. 

Pero, despois da tormenta, sempre sae o sol: unha bolboreta, ou un arco da vella, anúnciannos que todo rematou. Así que seguimos co noso paseo. 

Os paxaros volven cantar, e os cativos regresan, felices, a casa. 

Esta é a historia que suxire a música. Agora, temos que trasladar a historia a debuxos. Se premedes na seguinte imaxe podedes acceder ó enlace no que descargar unha ficha. 



Que non tedes impresora...? Non vos preocupedes. Collede un folio e facede unha cuadrícula similar a esta. 

1. Como vedes, os debuxos representan o paseo dos rapaces. 

2. Agora tedes que debuxar os elementos que aparecen polo medio: os paxaros cantando - o arroio ou a fonte - a treboada - a bolboreta ou o arco da vella - os paxaros. 

3. Cando estea completa, volve escoitar a audición e vai sinalando co dedo a parte a parte que estás a escoitar en cada intre. 


4. Cando teñas a túa ficha rematada, pide os teus pais que lle saquen unha foto. Compártea comigo enviándoa á seguinte dirección de correo electrónico: 

biblionavia@gmail. com

Indica como asunto: Musicograma. 

Todos os vosos traballos serán publicados. Así que... esmerádevos. 

Bicos, apertas e.... saúde!


Comentarios