ARREDOR DA FOGUEIRA

Cos nativos americanos.

Ola, rapaces e rapazas de 2º de Primaria! Como vos vai?

Espero que todos esteades moi ben.

Seguimos traballando cos indios americanos. Sabíades que nas tribos existía un lugar de reunión moi importante?

Adiviñáchelo! Trátase da fogueira. Cada noite, a tribo reuníase arredor dela para contar historias e bailar.

Agora imos fixarnos na fogueira. Imaxinade que é a noite de San Xoan e estades diante dunha. Non vedes que non para queda? As lapas suben e baixan continuamente, coma se estivesen a bailar.

a) Escoitamos e bailamos

Agora propóñovos un pouco de movemento. Ides convertirvos en lapas. Os pés non se poden mover do sitio. Pero teredes que movervos deste xeito segundo o volume da música que ides escoitar a continuación:
  • se soa feble, estaredes moi agachados; 
  • se soa forte, estirarédevos moito; 
  • se vai aumentando, ides elevándovos; 
  • se vai diminuindo, ides abaixándovos. 
E, por suposto, sen deixar nunca de mover os brazos: sodes lapas, e as lapas nunca paran quedas. 

Preparados...? Pois aí vai a música!




b) Coñecemos ó autor desta música. 

Esta peza titúlase Danza do Lume, e foi composta por Manuel de Falla, un dos compositores españois máis senlleiros de todos os tempos. Forma parte dunha obra titulada O amor bruxo.

Se premes neste enlace poderás obter algunhas pistas da súa vida coas que completarás o formulario que che adxunto máis abaixo.


c) Contestamos ás preguntas.

Depois de ler atentamente a vida de Falla, serás quen de contestar estas preguntas sobre a súa vida? Seguro que si!





Bravo, rapaces! Vémonos a vindeira semana!

Comentarios