ELEFANTEANDO......


...cunha manda moi divertida. 

Ola, rapazada de 1º de Primaria! Como estades? Dispostos a seguir explorando África?


a) Escoitamos a audición

Mirade que video máis chulísimo veño de atopar. A que é precioso? Escoitades algo coñecido?




b) Cantamos

Efectivamente: o que soa é a canción do elefante que temos aprendido. Repasámola?



Esta música é tamén do noso amigo Camille Saint - Saëns (o mesmo que escribiu a música do burro e dos canguros). Titúlase O elefante. E, coma as outras pezas que temos traballado, atoparalos nun disco que se titula O Carnaval dos animais.

Pero... décheste conta...? Ás veces, a música fai trampas e non canta a nosa canción.


c) Facemos movemento coa música

Propóñoche este xogo:
  • cando escoites a nosa canción, fai os xestos que temos aprendido;
  • cando a música toque outra cousa, bailas lentamente, coma un elefante.
Que non sabes como baila un elefante? Pois... con movementos gráciles coma os que verás neste vídeo. 



Que tal o xogo? 

Vouche dar unha pista: deberás bailar cada vez que, no vídeo, aparecen as crías de elefante.

Podes repitilo varias veces.


d) Que instrumentos tocan esta peza?
  • Cantos instrumentos distintos tocan nesta peza? 
  • Cal deles toca a melodía da canción?
  • Cal deles acompaña?

e) Cóntame o que descubriches 

A vindeira semana dareiche a resposta. Pero, mentres tanto, podes contarme o que tes descuberto.

Contesta ás anteriores preguntas neste enlace

Seguro que xa descubriches as respostas correctas!


Comentarios

  1. Hola, soy Diego. Creo que los instrumentos son violín y flauta.Me gusta mucho la canción.
    Chao.
    Diego

    ResponderEliminar

Publicar un comentario