EXERCITAMOS O RITMO


Coas negras e os seus silencios. 

Hoxe toca afinar o ouvido e exercitarse coa negra e o seu silencio. Como sabes, ambos os dous duran un pulso.

Preme na seguinte imaxe para acceder á actividade interactiva. Terás que traballar nos niveis 1 e 2. Pero... toma nota dos teus resultados!

No primeiro nivel hai dez exercicios. No segundo nivel, cinco. Cando teñas rematado, indícame cantos exercicios adiviñaches en cada nivel. Envíame os teus resultados a este enlace.

Unha cousa: lembra que o que importa non é correr, senón facelo ben. Se non estás seguro podes premer no audio varias veces.

Hala! A comezar. Premede na imaxe.



Sorte, escoitadores!


Comentarios