EXPERIMENTAMOS COS SONS AGUDOS E GRAVES



Tan só cunha palliña!

Ola, rapazada de 5 anos! Como vos vai? Que tal eses paseíños? Amodiño, obedecendo sempre a papá e a mamá!

Xa vin que algúns fixestes a actividade que vos propuxen a semana pasada. Estades guapísimos. Botade unha ollada neste enlace.

Xogando cos sons agudos e graves

E aquí temos a Claudia: 



Hoxe quero proporvos que xoguedes a facer sons agudos e graves. Só precisaredes unha palliña e unhas tesoiras. Preparados? Pois déixovos cun vídeo que me pasou unha das vosas mamás. O chico chámase Abraham Cupeiro. E mirade que experimento máis chulo nos propón.




Queredes praticar? Se o conseguides podédesme enviar as vosas fotos e vídeos a:

biblionavia@gmail.com

Apertas enorrrrmessss!

Comentarios