INSTRUMENTOS DA PRIMAVERA


A Orquestra de corda fretada.

Ola, rapaces e rapazas! Como vai iso?

Grazas pola vosa creatividade! Estou agardando que todos entreguedes as tarefas para publicar os vosos magníficos debuxos.

E agora... comezamos coa sesión de hoxe.

En anteriores sesións descubrimos que a Primavera de Vivaldi (como as demais estacións) eran concertos para violín e orquestra de corda. Pero... cales son os instrumentos que forman esta orquestra?

Fíxate neste vídeo e descúbreos.





Todos os instrumentos que conforman a familia da orquestra de corda teñen as mesmas partes. Fíxate nesta imaxe interactiva e repásaas.





Por último, repasaremos os nomes dos instrumentistas. Este nome atoparémolo engadindo o sufixo -ISTA a cada instrumento:

  • violín: violinista
  • viola: violista
  • violonchelo: violonchelista
  • contrabaixo: contrabaixista
E agora toca demostrar o que aprendestes. Seguro que sabedes todo? Se acaso, repasade novamente a información... porque isto non ten marcha atrás.

Agora deberás completar o seguinte quebracabezas. Ó rematar non esquezas anotar a puntuación que tes conseguido e o tempo que che ten levado.





Remataches? Volve á Aula Virtual e apunta a puntuación e o tempo neste enlace que te levará o contedor de tarefas.

Espero que teña sido un reto divertido para ti, e que teñas acadado unha puntuación alta. 

Apertas....!

Comentarios