O ELEFANTE



Seguimos paseando por África. 

Ola, rapaces e rapazas de 1º de Primaria! Como vai todo? Espero que moi ben. 

Seguimos na nosa clase de Música, paseando por África. E, na sabana africana, descubrimos un animal xigante, con trompa e orellas enormes. A que xa sabes que se trata dun elefante?

a) Aprendemos o texto da canción

Quería agora aprendervos unha canción. Pero, como non podemos vernos, graveime para que memoricedes o ritmo, o texto e os xestos. Xa sabedes: coma na clase. Primeiro me escoitades, e logo repitides. Visualizade varias veces cada un destes tres vídeos, ata que a saibades. 










b) Aprendemos a melodía

Xa sabedes todo...? Pois agora toca aprender a melodía. Escoitádeme varias veces e aprendédea.



Encantaríame escoitarvos a todos e a todas! Quizais se estiro moito o pescozo poida percibir os vosos cantos dende Navia!

Bicos e apertas!


Comentarios

  1. http://talkandcomment.com/p/8e9647728eb6b635991b8010 (voice note)
    Alba 1º

    ResponderEliminar
  2. Que alegría escoitarte, Alba! Paréceme unha iniciativa xenial! Alégrome de que esteas ben. Grazas por compartir!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario