OS INSTRUMENTOS DA PRIMAVERA


A Orquestra de corda fretada.

Ola, rapaces e rapazas! Como vai iso?

Grazas pola vosa creatividade! Estou agardando que todos entreguedes as tarefas para publicar os vosos magníficos debuxos.

E agora... comezamos coa sesión de hoxe.

En anteriores sesións descubrimos que a Primavera de Vivaldi (como as demais estacións) eran concertos para violín e orquestra de corda. Pero... cales son os instrumentos que forman esta orquestra?

Fíxate neste vídeo e descúbreos.





Todos os instrumentos que conforman a familia da orquestra de corda teñen as mesmas partes. Fíxate nesta imaxe interactiva e repásaas.





Por último, repasaremos os nomes dos instrumentistas. Este nome atoparémolo engadindo o sufixo -ISTA a cada instrumento:

  • violín: violinista
  • viola: violista
  • violonchelo: violonchelista
  • contrabaixo: contrabaixista
E agora toca demostrar o que apredestes. Seguro que sabedes todo? Se acaso, repasade novamente a información... porque isto non ten marcha atrás. 

Se estás seguro, volve á Aula Virtual e fai o crucigrama que che propoño. Espero que sexa un reto divertido para ti, e que acades unha puntuación alta. 

Apertas....!

Comentarios