QUE SABES DE BEETHOVEN?


No ano do 250 aniversario do seu nacemento, xogamos e aprendemos sobre el. 

Ola, rapazada de 5º de Primaria! Como andades?

Espero que moi ben.

Hoxe imos continuar con Beethoven. Se lembrades, hai unhas semanas empezaramos a ler a súa biografía. E Sean tróuxonos a clase un vídeo sobre o primeiro movemento da Quinta Sinfonía.

Hoxe imos seguir recabando información sobre a súa vida e a súa obra. Pero cunhas divertidas aplicacións.

a) Coñece as melodías de Beethoven e exercita o ouvido. 

Hai cinco anos, cando se cumpriron os 245 anos do nacemento do músico, Google creou un doodle marabilloso sobre Beethoven. Un xogo fermoso e divertido co que poderedes aproximarvos a catro das súas máis famosas melodías.

As melodías aparecerán desordenadas, e teredes que colocalas no seu sitio (pensando e escoitando, claro, non a chou). Tomade nota dos compases que acertades. Para axudarvos a facer este reconto, indícovos os que ten cada unha das pezas:

  1. Quinta Sinfonía: 4 
  2. Para Elisa: 5
  3. Sonata Claro de luna: 5
  4. Novena Sinfonía - Oda á ledicia: 8

Cando remates o exercicio cóntame cales foron os teus resultados neste enlace.

Preparados? Premede na seguinte imaxe para comezar.


b) Xoga e recaba datos curiosos sobre a vida de Beethoven. 

Navegando na Internet atopei esta fantástica páxina cun montón de información sobre o músico, e cun xogo de pistas que seguro que vos encantará. 

Ide tomando nota das curiosidades que atopedes, porque... a vindeira semana, teredes que elaborar unha biografía!

Se levantades o sombreiro chegaredes a ese xogo de pistas que vos comentaba. Pero... seguide curioseando! Hai moitos segredos nesta páxina!



Pasádeo moi ben... E aprendede moito!


Comentarios