SONS DE PRIMAVERA!



Identificámolos.

A pasada semana escoitamos o primeiro movemento da Primavera de Vivaldi. Hoxe convídovos a estar atentos e a descubrir todos os sons da natureza que Vivaldi quixo reflectir na súa música. 



Xa sabemos que a poesía de Vivaldi non nos gusta tanto como a súa música. Aínda así, é moi interesante coñecer o seu poema, para identificar os elementos da natureza que intenta describir.

Llegó la primavera, 
y los rientes pájaros 
la saludan con su canto.
Bajo el soplo del céfiro, 
las fuentes con dulce son 
discurren entretanto.
Cubren el aire 
con su negro manto, 
nuncios electos, trueno y rayo ardientes.
Callados éstos, 
las aves silentes 
tornan de nuevo 
a su canoro encanto.

Despois de ler o poema, escoita novamente a música. Que catro sons da natureza podes descubrir?

A vindeira semana dareiche a resposta. Pero, mentres tanto, podes contarme o que tes descuberto.

Vai a este enlace, onde poderás dar contestación a esta tarefa. Pide axuda ós teus pais se é preciso.

Na túa mensaxe podes escribir: 
  • Os catro elementos da natureza que identifico son: ..............., .................., ..................., ....................
Estou agardando as vosas respostas!

Comentarios

  1. Hola profe, he descubrierto los 4 sonidos la canción primero aparecen los pájaros, segundo una fuente con su agua corriendo, de tercero la tormenta con truenos y rayos y por último sale el sol y se escuchan los pájaros, eso es lo que escuche yo 😁😁😁 un salute
    Yael!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario