XA EMPEZAN A CHEGAR OS VÍDEOS DOS NOSOS ARTISTAS DE 5!


Tocando a melodía do Carnavalito. 

A rapazada de 5º de Primaria estivo a traballar durante o Segundo Trimestre unha peza tradicional sudamericana titulada Carnavalito. Primeiro aprendemos a danza, e logo, a melodía na frauta.

Cos vídeos que nos van chegando decidimos montar un muro de Padlet. Será unha boa ocasión para vernos todos as caras, aínda que sexa na distancia e a través da Internet.


Hecho con Padlet


Grazas, artistas!

Estamos esperando polos que faltades. Animádevos!


Imaxe: LETICIA. Carnavalito en Humahuaca. En Wikipedia. CC BY SA.

Comentarios