A VACINARSE...


... contra as bruxerías!

Ola, rapazada de 5 anos! Como vai iso? Espero que moi ben.

Estas últimas semanas estivestes a traballar moitísimo. Encantáronme os vosos experimentos. Se queredes, podedes ver os últimos neste enlace:


Atoparedes en plena acción a algúns dos vosos amigos e amigas. 

E como traballastes tanto e tan ben quero agasallarvos cunha canción que me encanta. A autora chamábase María Elena Walsh. Era arxentina, e encantáballe cantar e escribir poesía para nenos e nenas coma vós.

Todas as súas cancións teñen unhas letras moi divertidas. Esta titúlase Canción de la vacuna. Queredes aprendela? Xa me contaredes que vos pareceu!



Espero que vos gustase tantísimo como me gusta a min.

Bicos e apertas...!

Comentarios

  1. Gustounos moito! Moitas gracias! Bicos de Carla Rodriguez 5 anos B

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben! Canto me alegro, Carla! Porque é unha das miñas cancións favoritas. Bicazossss!

      Eliminar

Publicar un comentario