ADAPTING BEETHOVEN


Versionando a Quinta Sinfonía.

Os grandes músicos, e as grandes pezas musicais, son os que perduran ó longo dos séculos. Por iso adoitan ser adaptados ós estilos do momento.

Que tal se facemos un curioso repaso sobre distintas versións da Quinta Sinfonía?

No seguinte vídeo, a orquestra de Akira Miyagawa mestura a Quinta de Beethoven co Mambo número 5 de Pérez Prado




Sverre Indris Joner, un músico noruegués, fixo os arranxos da Quinta en versión salsa



Yngie Johann Malmsteen fixo a súa adaptación ó Heavy Metal




Tamén existen versións disco, coma esta de Walter Anthony Murphy, Jr.




E que tal esta versión rapeira de Kanye West?




Por último, ofrézovos este remix.




Visto todo isto, o orixinal é marabilloso. Pero algunhas das versións son realmente interesantes. Cal é a túa favorita? Saberías escoller? 

A min resúltame difícil. Aínda que teño moi claro cal non aturo.

Queres compartir con todos as túas impresións? Fai un comentario ó final deste post.


Comentarios

  1. Hola profe soy Diego B.
    La versión que más me gustó fué la del rap aunque las otras también estaban muy chulas.
    Un saludo

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Diego! Fixeches unha boa elección. A min tamén me gustou moitísimo esta versión. Pareceume realmente sorprendente e inspirada.

    ResponderEliminar
  3. Hola son Mario .
    A versión que mais gustoume foi o Beethoven's 5th Symphony Remix.
    E o último vidio e gustoume moito.
    Un saudo

    ResponderEliminar
  4. Bos días.
    A pesar de que era unha difícil decisión, elixin a versión remix.
    Moitas grazas por ler o meu comentario
    LEO ABRIL

    ResponderEliminar
  5. Hola profe soy brais a versión que mais me gustou foi a de rap saudos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boa resposta, Brais! A min tamén me sorprendeu moito esta versión.
      Biquiños

      Eliminar
  6. Ola profe!
    A min as versións que máis me gustaron foron a segunda, de salsa, e a penúltima, de rap.
    Bicos e abrazos
    María 6º

    ResponderEliminar

Publicar un comentario