BUSCANDO...
![]() |
... ó Rei da Selva.
Ola, rapaces e rapazas de 1º de Primaria! Como estades? Espero que moi ben.
Hai dúas semanas quedáramos explorando a sabana africana, e atopáramos un elefante.
Hoxe seguimos explorando... pero... nesta ocasión, buscamos ó Rei da Selva. Sabes de quen se trata?
1. Aprende esta canción
Fai coma na clase: primeiro escoitas e logo repites. Xa verás que divertida é.
2. Escoita esta audición
Titúlase Marcha real do león. É do noso amigo Camille Saint-Saëns, e podes atopala nese disco do que xa temos falado moitas veces: O Carnaval dos animais.
3. Contesta
E agora vai a gran pregunta: se te fixaches, esta peza tócana dous pianos e unha orquestra formada pola familia do violín. Que instrumento toca os super-ruxidos do león?
Contéstame a túa resposta neste enlace.
Comentarios
Publicar un comentario