CANTANDO E BAILANDO...



... durante o confinamento. 

Cun pouco de retraso publicamos unhas experiencias moi chulas que nos envía a nai de Juan e Julia, de Educación Infantil. Como veredes, é unha familia moi musical. 

En primeiro lugar, ofrecémosvos este vídeo no que cantan e bailan unha das cancións propostas na Aula Virtual. 





E agora unha experiencia que Julia lembrará toda a súa vida.

Durante este tempo de confinamento, houbo moitísimas iniciativas de orquestras e grupos vocais para cantar xuntos na distancia, empregando as aplicacións de vídeo de móbiles e tabletas. Dende a súa casa, Julia participou nunha delas: a proposta de Máis que ópera, para participar como coro na Habanera de Carmen, a famosa ópera de Bizet. Unha idea fantástica para introducir á rapazada no mundo da ópera.




Realmente entrañable.

Grazas por compartir, familia!

Comentarios