CLASIFICANDO INSTRUMENTOS DE CORDA


E non só os de corda fretada. 

Ola, rapazada de 4º de Primaria! Como estades?

Espero que moi, pero que moi ben.

Hai dúas semanas faláramos de que, entre os instrumentos de corda, había outros aparte dos de corda fretada. Iso dependía do xeito en que faciamos soar a corda. Se non o lembras, preme neste enlace.

Cal será a túa tarefa de hoxe? Moi doada. Premendo na seguinte imaxe accederás a unha presentación con varios instrumentos de corda. Fíxate neles e pensa se son:

  • de corda fretada
  • de coda percutida
  • de corda pulsada ou pinzada. 




Cando o teñas feito deberás clasificalos nun cadro. Premendo na seguinte imaxe atoparás o enlace a unha ficha que podes descargar. Pero se non tes impresora non pasa nada: podes copiar a táboa nun papel e logo enviarme a foto. 


Remataches: envía as túas respostas a este enlace



Comentarios