COÑECEMOS A CARVALHO CALERO...


... cantando!

Ola, rapaces e rapazas! Como estades?

O vindeiro domingo celébrase o Día das Letras Galegas. Unha festa moi especial na nosa escola: ese é o día grande no que publicamos a nosa revista e actuamos diante das nosas familias. Sen embargo... este curso non poderemos festexalo deste xeito.

Este ano, o Día das Letras Galegas está adicado a Ricardo Carvalho Calero, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago. Unha persoa que fixo moitísimo pola recuperación da nosa lingua.

Hoxe propóñovos coñecer un pouquiño da súa vida a través deste Preguntoiro Musical que interpretan dúas irmás xemelgas do CEIP Frei Luis de Granada, de Sarria.

En primeiro lugar deberedes aprender o retrouso (estribillo, en castelán) que se repite varias veces ó longo da peza. Este é o texto:

Este 2020 é moi singular:
o coronavirus non nos deixa traballar.
De Carvalho Calero eu vouche preguntar
pra ver o que sabes e se podes contestar. 

Pois cantade coas nosas amigas... e intentade contestar ás súas preguntas. 



Espero que aprendésedes moito do noso persoeiro deste ano.

Feliz Día das Letras, cantantes!

Imaxe: Carvalho Calero, dunha fotografía con Cunqueiro e Fernández del Riego en Santiago de Compostela. En Wikipedia. Dominio Público.  

Comentarios

  1. Hola profe son brais e estos son os menús deberes
    1:ferrol 2:derrito 3: trinitarias 4: partido galerista 5:auxiliar administrativo 6:por moita na guerra a favor de la república 7:traballa en Lugo no colexio de fingió 8: unha novela 9:ingresa n arenal academia galega 10:rosalía de Castro 11:scórpio 12:Santiago

    ResponderEliminar

Publicar un comentario