DEBUXAMOS A VIDA DE BEETHOVEN...



... en cómic.

Ola, rapaces e rapazas de 5º curso de Primaria! Como vai iso?

Xa levamos quince días sen nos ver. Espero que aproveitases o tempo xogando e informándovos sobre a vida de Beethoven. Porque... hoxe toca facer unha biografía... debuxada!

Xa nas derradeiras clases estivemos a ler curiosidades sobre a vida deste gran músico. Tamén atoparíades outras na páxina web que vos ofrecín no último post. Pero, para refrescarvos as ideas, déixovos este vídeo:




Cal é agora a vosa tarefa? Pois elaborar un cómic. Por si pensades que non sabedes debuxar, déixovos coa inestimable axuda de dous grandes artistas: Kiko da Silva e Xosé Tomás.


Estou desexando ver as vosas artistadas. Podedes enviarmas a: 

biblionavia@gmail.com

Imos aló, artistas!

Comentarios