FACENDO MÚSICA...


... coa cristalería. 

Como sabedes, no cole temos unha Maga... á que lle gustan moito as trasnadas. Colóuseme no ordenador... e traspapelou a foto de Juan. Menos mal que tamén nos enviou unha Mateo, con toda a cristalería despregada sobre a mesa e a axuda de papá.

Seica ambos os dous pasárono pipa facendo música cos vasos e as copas cheos de auga. Acabarán sendo arpistas de cristal?


Grazas, familia, por compartirnos a vosa divertida experiencia!


Comentarios