OS FLAUTISTAS DO CASTELAO...

... comparten connosco os seus instrumentos.

A semana pasada a proposta para o alumnado de 5 anos foi comprobar os cambios de altura do son empregando para iso tan só unha palliña. O noso compañeiro Iven, vencendo a súa timidez, quixo mostrarnos como tocaba a súa palliña despois de facerlle diversos buratos.





Pero no cole temos a un musiqueiro que xa está en Primaria: Teo. Gústalle moito ler e facer experimentos. E el tamén decidiu probar sorte. E fixádevos: cando corta a palliña o son vai facéndose máis agudo.




Grazas, chicos! E grazas, familias, por abrirnos as portas do voso fogar!

Comentarios