PRESTO, PRESTISSIMO...


... con Camile Saint-Saëns.

Ola, rapaces e rapazas de 2º de Primaria! Canto tempo sen vos ver!

Hai dúas semanas falaramos de que, en música, empregábamos moitas palabras italianas. Lembrades? Forte e piano (forte e feble).

Hoxe imos aprender dúas novas palabras, que fan referencia á velocidade. E ímolo facer da man do noso amigo Camile Saint - Saëns e da nosa obra favorita: O Carnaval dos animais.

1. Escoita esta peza:



Como cres que camiña este animal? Rápido ou lento?

Se pensaches que vai rápido, adiviñaches. 


Trátase dun hemión que vai a pleno galope. Seguro que nunca escoitaches falar dos hemións, nonsi?
Pois un hemión é unha especie de asno. Pero... saberías dicirme en que continente poderás atopalo? Busca información, porque logo terás que contarmo.

En música, cando unha peza vai rápido dicimos:

Presto

Se queremos que vaia rapidísimo dicimos:

Prestissimo

Volve escoitar a peza. Pero... fíxate! No vídeo anterior, dous pianistas tocaban a catro mans. Como tocan agora?



Moi ben: nesta ocasión, dous pianistas tocaban dous pianos.

2. A nosa tarefa de hoxe. 

      • En que continente atoparemos un hemión?
      • Escribe o nome de cinco animais, persoas ou medios de transporte que se despracen presto. 

Cóntamo neste enlace da Aula Virtual.

Imaxe: Hans-Peter Scholz UlenspiegelEquus hemionus kulan. En WikipediaCC BY SA

Comentarios