SOMOS UNS ARTISTAS...



... aínda que non veñamos de París.

Ola, rapaces e rapazas de 5 anos! Como andades?

Se lembrades, hai uns meses aprendéramos na clase unha canción moi divertida sobre un artista que viña de Madrid.

Hoxe preséntovos unha canción parecida en galego. E dun grupo que me encanta. Igual o coñecedes: Mamá Cabra.

Pois preparados a aprendela. E cantádea con todas as vosas forzas. A ver se me chega o son ata aquí!




Bicazossss!

Comentarios