SUBIMOS E BAIXAMOS O VOLUME


Cantando e aprendendo.

Ola, rapaces e rapazas de 2º de Primaria! Como vai iso? Espero que moi ben.

Xa vai tempo que non nos vemos. Quince días! Daquela quedáramos escoitando e bailando como lapas o Amor Bruxo de Falla. O que sucedía nesa audición ten moito que ver co que imos aprender nesta canción. Preparados? Pois a fixarse e a cantar!



En música empréganse moitas palabras italianas. Estas que acabas de aprender utilízanse para indicar cambios no volume (ou intensidade).

Hai dúas palabras básicas:
    • forte, que significa forte
    • piano, que significa feble
Se queremos que soe moito máis forte dicimos fortíssimo; e se queremos que soe moi feble dicimos pianissimo

E que pasa se queremos empezar feble e cada vez ir aumentando ata chegar a forte? Pois nese caso dicimos crescendo

Nas partituras, os músicos adoitan escribir abreviaturas para indicar todo isto: 



Coñeces xa todas estas palabras? Sabes aplicalas...? Se non é así repásaas...! Precisaralo!

Porque agora vos propoño escoitar novamente a Danza do Lume...! Pero teredes que estar moi atentos, porque a medida que escoitedes irei parando o vídeo. Fareivos observacións ou preguntas, e teredes que contestar empregando as palabras que temos aprendido

Preparados? Tomade nota dos vosos acertos...! 



Como foi? Contádemo neste enlace

Aperrrtassss e bicossss!


Comentarios