AS MELLORES AVENTURAS...


... son as que curten ós navegantes.

Remata este curso. E a nosa aventura. Para algúns finaliza a experiencia da Primaria e toca aventurarse noutros mares descoñecidos. 

Ás veces dá un pouco de medo. Atemorízanos a negrura, o non saber o que pode haber máis alá... Pero ir da man de quen nos ofrece confianza prodúcenos seguridade. 

Aquí vai o meu agasallo para vós, rapaces e rapazas de 6º de Primaria. Non é meu. É voso para min. Neste vídeo está a vosa ilusión (non totalmente cumplica por mor do confinamento). Pero tamén están os vosos resultados: se queredes, podedes. E se sodes quen de colaborar acadaredes resultados marabillosos.

Grazas por permitirme descubrir como a crisálida converteuse en bolboreta. 



Heivos de botar de menos! Sorte neses outros mares!

Comentarios