A MÚSICA TRADICIONAL CHILENA

 

 Os instrumentos mapuches.

A música folclórica é anónima. 

Anónima quere dicir que se transmite oralmente dende a antigüidade. 


A música folclórica é popular. 

Popular quere dicir que transmite a cultura dun pobo. 

Todos os membros dese pobo a coñecen. 


Na punta do Sur de América viven os mapuches. 

A nai de Víctor Jara era mapuche. 

Cantaba música tradicional. 

Aprendeulle a Víctor a cantala. 


A música mapuche conserva os instrumentos tradicionais. 


Os machi mapuches teñen unha función moi importante na transmisión da música. 

Os machi son os curandeiros. 

Os machi empregan nas súas cerimonias un pandeiro.

O pandeiro dos machi chámase cultrún. 


Hai outros instrumentos tradicionais: a trutuca, o torompe, a cascahuilla e a pilfica. 


Comentarios