COÑECENDO A TRADICIÓN FOLCLÓRICA CHILENA

 


Seguindo as orixes de Víctor Jara.

Como sabemos, a música folclórica caracterízase porque é anónima (é dicir, apréndese de xeito oral dende tempos inmemoriais), e popular (ou sexa: transmite o saber dun pobo, polo que é coñecida por todos os que conforman ese pobo).

Este concepto non é só aplicable á música tradicional galega, senón á música tradicional de todos os pobos da Terra.

A música existe dende que o home é home: dende que aprendeu a comunicarse mediante sons. Por iso non cabe dúbida de que, cando Magallanes e os seus homes pisaron por primeira vez o extremo Sur das actuais Arxentina e Chile xa escoitaron cantar ós indíxenas, e coñeceron os seus instrumentos.

Entre as numerosas tribos que habitaron estas terras do cono Sur de América destacan os mapuches. Como lembraredes, Amanda, a nai de Víctor Jara, era da etnica mapuche, e cantaba música tradicional

A Patagonia é unha das zonas de Arxentina e Chile onde o contacto con outras culturas (europeas, africanas) foi menor, probablemente pola súa lonxanía e polo seu clima extremo. É por iso que o seu folclore todavía é moi rico e conserva a frescura dos seus instrumentos tradicionais.

Nesta laboura de transmisión cultural, os machi mapuche teñen un papel fundamental. Que é un machi? Pois un curandeiro ou unha curandeira tradicionais. O que chamariamos o feiticiero (ou chamán) da tribo.

Neste vídeo introducirémonos de puntiñas nunha cerimonia de medicina mapuche. Como vedes na imaxe que encabeza este post, as mulleres machi tocan un tambor chamado cultrún. Pero existen outros instrumentos, como a trutruca, o torompe, a cascahuilla ou a pifilca. Descúbreos neste vídeo.







Imaxe: DESCOÑECIDO. Dominio público

Comentarios