A QUINTA SINFONÍA DE BEETHOVEN

Fonte de inspiración para todos os estilos musicais. 

A Quinta Sinfonía é unha das obras más emblemáticas de Ludwig van Beethoven

Escóitaa neste vídeo na versión dun dos máis grandes directores da Historia: Herbert von Karajan, acompañado pola Orquestra Filarmónica de Berlín

Tan emblemática ten sido esta composición que ten sido versionada en multitude de estilos. Walter Murphy déulle un estilo de música disco. Esta peza formou parte da banda sonora da película Febre do sábado noite, interpretada por John Travolta


A Electric Light Orchestra versionou un éxito do gran músico de rock Chuck Berry titulado Roll over Beethoven. Nesta ocasión, a Electric Light Orchestra incluiu o emblemático comezo da sinfonía. 


Porén, existen mesturas moi audaces como esta da Quinta de Beethoven co Mambo número 5, de Dámaso Pérez Prado.



Ou estoutra, que mestura a Quinta coa salsa, nun arranxo de Sverre Indris Joner


E que dicides desta fantástica versión rock?


Surfeando na web atopamos tamén moitas curiosidades. 

Sabíades que non todo o que aparece na internet é certo? Esta fantástica versión rock é un bo exemplo. Como vedes nas imaxes, esta versión está atribuída a Metallica. O mesmo vídeo aparece ilustrado con imaxes deste grupo. Porén, se vemos os comentarios constatamos que Metallica nunca fixo esta versión, atribuída polos comentaristas a outro grupo: Pergamum

Xa sabedes! Ollo coa internet



E aquí vai a última curiosidade. Trátase dunha peza memorable de Deep Purple: Smoke on the water. O riff de guitarra do comezo é un dos máis famosos da historia do rock. 


E que ten que ver este riff coa Quinta de Beethoven. Pois moito, xa que o seu autor, Ritchie Blackmoore, inspirouse no comezo da sinfonía para crealo. Escoita esta entrevista e compróbao.  

Comentarios