A COVA MISTERIOSA

Conto musical do alumnado de 2º B. 

Alá polo mes de outubro, coincidindo co Samaín, a rapazada de 2º B creou este marabilloso conto inspirándose en sons da natureza. 

As regras do xogo eran: 

  • Personaxes: a Castaña Dorinda e a Maga Tomasa
  • Na historia tiñan que aparecer tres emocións
  • Tiñan que escoitarse os seguintes sons: chuvia, vento, marexada, trebón
Unha vez creado o conto, gravamos os efectos sonoros. Mais a despistada da Maga Tomasa traspapelou o arquivo entre tanto documento da Biblioteca, e non podemos acompañar a historia con eles. 

Porén, a narración está repleta de sorpresas e creatividade, así que convidámosvos a escoitar a gravación que fixemos na radio escolar. 


Se premedes na imaxe que enacabeza o post poderedes acceder ó álbum de fotos da gravación. 

Comentarios