EMOCIÓNANOS ESCOITAR MÚSICA EN DIRECTO

Un luxo!

Este curso diferentes grupos de alumnos acudiron ós concertos didácticos desenvolvidos polas escolas municipais de música. 

Os primeiros afortunados foron os cativos e cativas de 4º de Primaria, que gozaron co bo facer do profesorado da e-Trad. Unha marabilla escoitar xuntos ós mellores intérpretes de música tradicional do noso país. (E, ademais, recibir a visita do alcalde). 




Pola súa banda, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou no estupendo concerto impartido polo profesorado da Escola Municipal de Música nun entorno máxico: o Pazo de Castrelos. Unha actividade que combinou á perfección música, cultura, arte e patrimonio. 

Premendo na seguinte imaxe accederedes ó extenso álbum de fotos da xornada. 






Comentarios