DESCUBRINDO AS VOCES HUMANAS
Escoita, pensa e clasifica.
Nas clases anteriores temos aprendido sobre a clasificación das voces humanas e sobre as distintas partes vocais das óperas (aria, recitativo, coro).
Agora a proposta é que escoites esta selección de pezas e que completes a ficha que che entregará a mestra. Nela aparecerán tres columnas:
- a do medio corresponde ás audicións que escoitarás a continuación;
- a da esquerda corresponde ás voces humanas;
- a da dereita, ás partes vocais da ópera.
Fíxate ben. Tes unha axuda (entre parénteses aparece o número de frechas que deben chegar a cada casilla).
1. WOLFANG AMADEUS MOZART. A frauta máxica. (Sarastro)
2. WOLFGANG AMADEUS MOZART. A frauta máxica. (A raíña da noite)
3. GIACOMO PUCCINI. A Bohème. (Rodolfo)
4. GEORG FRIEDRICH HAENDEL. O Mesías
5. GIACOMO CARISSIMI. Non, non si speri
6. Les Choristes Caresse sur l'ocean
7. GIUSEPPE VERDI. Macbeth. (As bruxas)
8. GIUSEPPE VERDI. Macbeth. (Patria opresa)
9. GEORG FRIEDRICH HAENDEL. Serse
Comentarios
Publicar un comentario