SE NON TEN SWING...

... non significa nada. 

Como temos visto, o swing é unha característica fundamental do jazz. Fai referencia ó ritmo sincopado e ó cambio na acentuación que presenta este tipo de música. 

Tan importante é o swing que hai xa máis de oitenta anos a orquestra de Duke Ellington deixouno moi claro. 


Outra característica do jazz é a interpretación persoal de cada artista. Aquí temos a Duke Ellington acompañando á gran Ella Fitzgerald no mesmo tema. 


Por último, a improvisación é outra característica fundamental. Escoita as improvisacións vocais dos King Sisters sobre a mesma música. 

Comentarios