A FAMILIA DE VENTO - METAL


... en A Mota de Pó. 

En 3º curso de Primaria estamos a traballar A Mota de Pó, de Fernando Palacios. Escoitando a audición temos descuberto que os instrumentos de vento - metal representan ás plantas carnívoras. Pero.... que sabemos destes instrumentos? Neste post aprenderemos algunhas curiosidades acerca deles.

Os instrumentos que forman parte desta familia presentan unhas características similares:
  • están construídos en metal; 
  • están enrollados sobre si mesmos; 
  • a embocadura ten forma de copa; 
  • rematan nunha grande campá, chamada pavillón
  • teñen un son estridente;
  • a vibración é producida polos beizos do instrumentista.

A altura do son ven dada pola lonxitude do tubo: canto máis longo é o tubo, o son é máis grave; canto máis curto, o son será máis agudo. A lonxitude do tubo modifícase cun sistema de pistóns ou válvulas. Neste enlace podes comprobar o efecto que producen as válvulas.




O único aerófono de vento - metal que carece de pistóns é o trombón de varas. Neste instrumento, a lonxitude do instrumento modifícase coa posición da vara, que se pode alongar ou acurtar, producindo un efecto chamado glissando


O timbre destes instrumentos pode modificarse, tamén, empregando unha especie de tapón que se coloca na campá, e que recibe o nome de sordina


A familia do vento - metal está integrada por catro instrumentos que, de agudo a grave son: a trompeta, a trompa, o trombón e a tuba

                                                                         












Comentarios