INSTRUMENTOS DE VENTO - MADEIRA
Quen son esas partículas nerviosas?
Por contraste cos instrumentos da familia de vento - metal semellaría que todos os instrumentos de vento -madeira deberían estar construídos con madeira. Pero isto levaranos a erros. O que define a esta familia é a embocadura, que pode ser de tres tipos:
- de bisel (como nas frautas). Neste caso, o son prodúcese cando o aire é cortado por unha arista afiada;
- de lingüeta simple. O son prodúcese ó vibrar unha cana fina;
- de lingüeta dobre. O son prodúcese ó vibrar unha contra a outra dúas canas moi finas atadas cun fío e incrustadas no tubo do instrumento.
Os instrumentos máis agudos desta familia son a frauta traveseira e o frautín. Son instrumentos de bisel.
O clarinete e o saxofón son instrumentos de lingüeta simple.
O óboe, o fagot, e a gaita son instrumentos de lingüeta dobre.
Lembra estes instrumentos de vento - madeira da orquestra:
FRAUTA TRAVESEIRA:
CLARINETE:
ÓBOE:
Imaxe: Oboe (Gebr.Mönnig Model 155 AM-B). En Wikimedia Commons. CC BY SA 4.0
FAGOT:
Comentarios
Publicar un comentario