CANTAMOS OS MAIOS
Cos mestres e mestras da e-trad.
O 8 de abril foi un día grande para o alumnado de 5º A de Primaria. Foron os encargados de subir ó escenario do Auditorio do Concello e interpretar as coplas creadas pola rapazada do terceiro ciclo na aula de Música.
Todo comezou coa invitación do profesorado da e-trad a participar no concerto didáctico titulado Ruralsóns. Entre a distinta documentación enviada para preparalo achegóusenos este Canto do Maio recollido por Pablo Quintana.
A partir de aí, a rapazada creou, a imitación do canto tradicional, as distintas coplas. Finalmente, coas máis divertidas creamos o noso texto conxunto.
Aquí tedes ós rapaces e rapazas de 5º A cantando e acompañando con paus, ó xeito tradicional.
Comentarios
Publicar un comentario