HOMENAXE ÁS PANDERETEIRAS
En 3º de Primaria.
Este curso o Día das Letras Galegas está adicado ás músicas da tradición oral. As cantareiras e pandereteiras constitúen pezas fundamentais na preservación deste legado.
En 3º de Primaria quixemos facer unha pequena homenaxe a estas mulleres do pobo. A ocasión permitiunos traballar a lectura e escritura rítmicas, diferenciar o ritmo binario do ternario e iniciarnos na interpretación da pandeireta.
Aquí temos á cativada de 3º A cantando Ai, Sara! e Mandilín.
Imaxe: JUANTIAGUES. Una pandereteira. En Flickr. CC BY-SA 2.0

Comentarios
Publicar un comentario