DE MÚSICA E MOTAS

Co alumnado de 3º B de Primaria. 

Este curso, en 3º de Primaria estivemos a coñecer os instrumentos da orquestra a partir dunha obra de Fernando Palacios titulada A Mota de Pó. Unha historia moi divertida que fomos representando corporalmente, coma se dunha obra de teatro se tratase. 

A nosa primeira intención era estreala a final de curso para as familias. Porén, non tivemos tempo de facer suficientes ensaios. Aínda así, disfrazámonos e quixemos compartir cos nosos pais e nais unha representación de tan só dous ensaios. 

A rapazada estaba moi entusiasmada coa posibilidade de que vos fixeses presentes na aula a través deste vídeo. Así que... cumprindo o seu desexo, compartímolo convosco. 

Feliz Verán!


Comentarios