QUE ARTISTADA!
A de 1º A.
Este trimestre, na clase de Plástica, a rapazada estivo a traballar na elaboración dun mural colectivo que, agora, loce nun dos corredores do vestíbulo da escola. Tratouse dun auténtico traballo de investigación, observación e reinterpretación, onde a creatividade, a expresividade, a manipulación de diversos materiais, a colaboración e o traballo en equipo tiveron unha grande importancia.
Todo comezou con este cadro de Peter Brueghel o Vello titulado Xogos de nenos. Se premedes na imaxe, poderedes acceder ó cadro ampliado e intentar adiviñar todos os xogos que aparecen representados, como fixemos nós na aula.
Logo, inspirándose neste cadro, cada neno fixo unha reinterpretación actualizada dun deles.
Fixemos unha selección cos máis expresivos e ampliámolos para elaborar o noso mural.
Logo, traballamos con distintos materiais, facendo mosaico,
Comentarios
Publicar un comentario