OS INSTRUMENTOS MEDIEVAIS


O traballo de investigación do alumnado de 6º curso de Primaria. 

Os rapaces de 6º curso de Primaria, despois de ter aprendido varias pezas das Cantigas de amigo de Martín Códax durante a clase de Música, iniciaron un traballo de investigación nas sesións de TIC.

Para iso partiron da documentación recollida nun post anterior.

O traballo que teñen realizado non é importante só polos coñecementos adquiridos respecto
á música medieval. O fundamental é que, con esta excusa, aprenderon a investigar coas novas tecnoloxías: a traballar en equipo, a seleccionar a información relevante, a tecleala, a organizala dun xeito diferente, a empregar imaxes libres de dereitos, a citar unha bibliografía, a elaborar con ela un novo documento. Habilidades, todas elas, básicas de cara ó traballo que lles espera o vindeiro curso no instituto.

Quedounos no tinteiro, por falta de tempo, expór ós compañeiros doutros niveis o que temos aprendido. Aínda así, o traballo foi moi satisfactorio. Agora podedes valoralo vós.


Parabéns, chicos!

Imaxe: PINCOPALLINO. Viola a chiavi. Siena. En Wikimedia Commons. Dominio público.  


Comentarios