AFINANDO O OUVIDO


Navegar tamén é descubrir un mundo de sons e sensacións. 

Ola, navegantes! Como vai esa travesía?

Estaba eu pensando que Magallanes e Elcano, cando fixeron a súa, tiveron que adaptar o seu ouvido a novos sons. 

Así que, para esta semana, imos traballar a discriminación auditiva. 

1. Discrimina esquemas rítmicos. 

Comezamos con este vídeo. Irán aparecendo, de cada vez, dous esquemas rítmicos. Deberás adiviñar de cal se trata. Pero... atención: tes un tempo limitado!





2. Discriminación melódica.

Como saberás, a primavera ven de comezar. E xa sabemos que Antonio Vivaldi escribiu un concerto para esta estación.

a) Escoita esta melodía.



b) Aplícalle esta letra, e cántaa:

Xa chega a primavera, 
xa chega a primavera, 
xa chega, con moita alegría. 


c) Escoita a Primavera de Vivaldi:

Agora quero que escoites este vídeo e te fixes moi ben. Esta música está construida mediante bloques melódicos perfectamente identificables. En cantos bloques aparece a melodía anterior?



Podes escoitala varias veces.

d) Cóntame o resultado da túa escoita.

A vindeira semana dareiche a resposta. Pero, mentres tanto, podes contarme cantos bloques descubriches.

Fai un comentario a este post. Pide axuda ós teus pais se é preciso. Pero non esquezas contarme quen es!

Estou agardando as vosas respostas!

Comentarios

  1. Ola son Noelia :
    na Primavera de Vivaldi hai 3 bloques,no primeiro escóitase a melodía anterior e no 2º e 3º non se escoita.
    Ata pronto!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  3. Hola profe Mónica, soy Quique y creo que se trata de tres bloques. Un saludiño

    ResponderEliminar
  4. Ola profe Mónica, son Antía e creo que hai tres bloques. Un saúdo

    ResponderEliminar
  5. Hola profesora soy Miguel creo que son 3 bloques: rápido-lento-rápido. Un saludo

    ResponderEliminar
  6. Ola profe Mónica son Alexia, eu tamén creo que hai tres bloques. Un saudiño

    ResponderEliminar
  7. Hola profe Mónica, son Yael, a mi me ha dado 3, antes dije 43 ( pero pensei que eran os tons que se escoitaban☺ ) aunque non o teño moi claro! Esperamos a tua resposta, un saudiño

    ResponderEliminar

Publicar un comentario