AFINANDO O OUVIDO
Navegar tamén é descubrir un mundo de sons e sensacións.
Ola, navegantes! Como vai esa travesía?
Estaba eu pensando que Magallanes e Elcano, cando fixeron a súa, tiveron que adaptar o seu ouvido a novos sons.
Así que, para esta semana, imos traballar a discriminación auditiva.
1. Discrimina esquemas rítmicos.
Comezamos con este vídeo. Irán aparecendo, de cada vez, dous esquemas rítmicos. Deberás adiviñar de cal se trata. Pero... atención: tes un tempo limitado!
2. Discriminación melódica.
Como saberás, a primavera ven de comezar. E xa sabemos que Antonio Vivaldi escribiu un concerto para esta estación.
a) Escoita esta melodía.
b) Aplícalle esta letra, e cántaa:
Xa chega a primavera,
xa chega a primavera,
xa chega, con moita alegría.
c) Escoita a Primavera de Vivaldi:
Agora quero que escoites este vídeo e te fixes moi ben. Esta música está construida mediante bloques melódicos perfectamente identificables. En cantos bloques aparece a melodía anterior?
Podes escoitala varias veces.
d) Cóntame o resultado da túa escoita.
A vindeira semana dareiche a resposta. Pero, mentres tanto, podes contarme cantos bloques descubriches.
Fai un comentario a este post. Pide axuda ós teus pais se é preciso. Pero non esquezas contarme quen es!
Estou agardando as vosas respostas!
Ola son Noelia :
ResponderEliminarna Primavera de Vivaldi hai 3 bloques,no primeiro escóitase a melodía anterior e no 2º e 3º non se escoita.
Ata pronto!!!!!
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarHola profe Mónica, soy Quique y creo que se trata de tres bloques. Un saludiño
ResponderEliminarOla profe Mónica, son Antía e creo que hai tres bloques. Un saúdo
ResponderEliminarHola profesora soy Miguel creo que son 3 bloques: rápido-lento-rápido. Un saludo
ResponderEliminarOla profe Mónica son Alexia, eu tamén creo que hai tres bloques. Un saudiño
ResponderEliminarHola profe Mónica, son Yael, a mi me ha dado 3, antes dije 43 ( pero pensei que eran os tons que se escoitaban☺ ) aunque non o teño moi claro! Esperamos a tua resposta, un saudiño
ResponderEliminar