SEGUIMOS EXPERIMENTANDO...
... cos sons agudos e graves.
Ola, rapazada! Como vos vai?
Espero que moi ben, gozando moitísimo cos experimentos que vos propuxen a semana pasada. Neste enlace podedes ver como algúns de vós conseguistes facer sons graves e agudos... tan só cunha palliña de refresco.
Hoxe propóñovos un pouco de maxia. Mirade este vídeo:
O que se pode facer coas mans...!
Pero... e que é iso que soa...? Copas cheas de auga?
Pois é un instrumento que podedes facer tamén na casa. Chámase arpa de cristal. Para tocala así de ben necesitanse moitos anos de entrenamento, pero... ó mellor é o momento de empezar.
Segue estas instrucións:
1. Colle dous vasos idénticos de cristal.
2. Bótalles auga, pero a diferente altura: un moi cheo, e o outro con moi pouca.
3. Golpea os teus vasos cunha culler.
4. Comproba a altura: verás que o vaso que ten menos auga produce un son máis agudo; e o que ten máis producirá un son máis grave.
5. Experimenta. Podes coller outros vasos e enchelos tamén de auga a diferentes alturas. Todos os que precieses para facer o teu propio instrumento.
Queres compartir connosco a túa música? Pídelle a papá e a mamá que che fagan unha foto ou un video e envíao a:
biblionavia@gmail.com
Quen sabe se aparece por aquí un novo Mozart?
Pasádeo moi, pero que moi ben, artistas!
Comentarios
Publicar un comentario