A HISTORIA DUNHA AVENTURA INOLVIDABLE


O son do ar.

O alumnado de 6º curso de Primaria (e máis eu) vivimos unha historia fascinante que, seguramente, nunca esqueceremos.

Este curso quixemos dar un "golpe na mesa" e comezamos a nosa andaina firmando un contrato. Nel comprometiámonos a colaborar para crear un musical. Un musical relacionado co noso PDI. Xa vos adianto que non foi posible. Sen embargo, como bos navegantes, aprendemos a domear o vento ó noso favor, e conseguimos algo incrible: traballar xuntos e acompasados dende as nosas casas.

1. Primeiro contacto coa peza

A idea era que O son do ar fose o leit motiv do musical. Por iso comezamos escoitando a peza, e recoñecendo as sensacións que nos provocaba. Axiña nos puxemos dacordo: liberdade, aventura... non podía existir mellor banda sonora para o noso musical!



2. Clasificamos os instrumentos

O vídeo anterior serveu para centrarnos nos instrumentos que interpretaban a peza, e para clasificalos segundo a clasificación de von Hombostel e Sachs, que traballaramos previamente.


3. Aprendemos a tocar a canción

Despois de traballar coa partitura, practicar presencialmente na aula e empregar diversos vídeos para reforzar o aprendido, conseguimos tocar a canción completa



4. Aprendemos distintas liñas de acompañamento

Durante o curso, aprendemos distintas liñas para acompañar os dous temas de melodía:

  • cos metalófonos
  • cos carrillóns
  • co violín
5. Coñecemos o pau da chuvia e, por grupos, construimos un na clase de Arts&Crafts



6. Instrumentamos

Na clase comezamos a practicar o conxunto instrumental. Ás frautas e ós instrumentos que interpretaban as distintas liñas melódicas engadimos o pau de chuvia e o acompañamento coa guitarra da profe. Aínda había moito que traballar, pero os resultados acadados enchíannos de gozo e de fachenda. Tanto, que propuxen interpretar na peza nun acto sorpresa que ía ter lugar no cole. 



O dito acto era a inauguración da nosa nova Biblioteca. Pero a pandemia botou todo a perder. 

7. Creamos un estudio de gravación virtual

Sen embargo, era tanta a implicación e a emoción que decidimos mantelas creando un estudio de gravación virtual. Non todos os rapaces participaron, pero os que se animaron fixeron un traballo excelente. 


8. E con estes mimbres, elaboramos o noso vídeo. 

Por suposto, en vivo e en directo tería saído moitísimo mellor. Pero a satisfacción do traballo feito con esforzo, agarimo e ilusión... non nola quita ninguén!


Bo traballo, rapaces!




Comentarios